lunes, 11 de diciembre de 2017

A miña burriña. Galiza




Archivo fuente http://www.folkotecagalega.com/pezas


A miña burriña cando vai ó muíño, 
vai toda enfariñada, cheíña de frío; 
cheíña de frío e mais de xiada, ai, 
a miña burriña sempre vai cargada. 

Anque vou pra fiandeiro 
non vou por fiar na roca, 
vou par toca-lo pandeiro, ai, 
que esta noite a min me toca. 

A miña burriña cando vai ó muíño, 
vai toda enfariñada, cheíña de frío; 
cheíña de frío e mais de xiada, ai, 
a miña burriña sempre vai cargada. 

E esta noite hei de ir a verte, 
nena non me teñas medo, 
déixame a porta trancada, ai, 
cunha palla de centeo. 

E esta noite e maila outra 
e maila outra pasada, 
abalei unha pereira, ai, 
que nunca foi abalada. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario